
Miguel González Quintela
Restaurante Miguel González
Restaurante Miguel González
Aplico a técnica axeitada á mellor calidade posible de produto. Cociña de produto, de sabor e de historias….
Gústame ir pescar
O meu restaurante rústico Miguel González é unha acolledora casa de pedra, situada no rural e con cociña á vista. Ao chegar, a sensación é a de estar nun restaurante especial.
A personalidade da miña cociña busca equilibrio, sabor, produto, respeto, agarimo, sentimento, técnica…
O meu ingrediente é o produto do día e o cazo a miña ferramenta
Gústame a Praza Maior de Ourense e As Burgas