POLÍTICA DE PRIVACIDADE
1. QUEN É O RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS SEUS DATOS?
-
Responsable:ASOC DE COCIÑEIROS DE OURENSE
-
NIF: G32492969
-
Enderezo: Parque Tecnológico Galicia Tecnopole s/n Puerta 12
-
Contacto Protección de Datos: accocinaourense@gmail.com
2. CON QUE FINALIDADE TRATAMOS OS SEUS DATOS PERSONAIS?
Na Asociación tratamos a información que nos facilitan as persoas interesadas coas seguintes finalidades segundo a vía de recollida:
-
Formularios de contacto / colaboracións: Xestionar as solicitudes de información, propostas de eventos, showcookings, consultorías ou calquera tipo de colaboración que nos remita a través da web.
-
Subscrición a Newsletter / Comunicacións: Enviar comunicacións informativas sobre as actividades, eventos, series documentales (como Faísca) e proxectos promovidos pola Asociación.
-
Xestión de Asociados (Zona privada / rexistro se aplica): Tramitar o alta, xestión interna e participación dos membros na actividade da entidade.
3. CAL É A LEXITIMACIÓN PARA O TRATAMENTO DOS SEUS DATOS?
A base legal para o tratamento dos seus datos varía segundo o uso:
-
O consentimento do interesado: Otorgado de forma expresa ao marcar a cela de aceptación nos nosos formularios de contacto ou de subscrición.
-
Execución de un contrato ou relación xurídica: Necesario cando o usuario solicita unha proposta de colaboración, consultoría ou inicia os trámites para adherirse como asociado.
-
Interese lexítimo: Para a difusión das actividades culturais e enogastronómicas propias dos fins estatutarios da Asociación aos seus propios membros ou interesados lexítimos.
4. POR CANTO TEMPO CONSERVAREMOS OS SEUS DATOS?
Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para atender a súa solicitude, mentres se manteña la relación de colaboración ou asociativa, ou mentres non se solicite a súa supresión polo interesado. Posteriormente, conservaranse bloqueados durante os prazos legalmente establecidos para a atención de posibles responsabilidades.
5. A QUE DESTINATARIOS SE COMUNICARÁN OS SEUS DATOS?
Os datos obtidos a través da web non serán cedidos a terceiros, salvo obrigación legal ou cando sexa estritamente necesario para a execución de un evento ou colaboración explicitamente solicitada polo usuario.
Non se realizan transferencias internacionais de datos. Para o almacenamento e xestión da web utilízanse provedores tecnolóxicos (Encarregados de Tratamento) situados dentro do Espazo Económico Europeo ou adheridos ao marco de privacidade correspondente.
6. CALES SON OS SEUS DEREITOS CANDO NOS FACILITA OS SEUS DATOS?
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se na Asociación estamos a tratar datos persoais que lles concirnan ou non. As persoas interesadas teñen dereito a:
-
Acceder aos seus datos persoais.
-
Solicitar a rectificación dos datos inexactos.
-
Solicitar a súa supresión (dereito ao esquecemento) cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos.
-
Solicitar a limitación do seu tratamento, caso no que unicamente os conservaremos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
-
Opoñerse ao tratamento dos seus datos.
-
Solicitar a portabilidade dos datos nun formato estruturado de uso común.
Para exercer estes dereitos, pode dirixir unha comunicación por escrito ao domicilio social da Asociación ou ao correo electrónico accocinaourense@gmail.com, axuntando copia do seu DNI ou documento equivalente que acredite a súa identidade. Así mesmo, informámolo do seu dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) a través da súa web corporativa (www.aepd.es) se considera que os seus dereitos non foron debidamente atendidos.