
A nosa asociación
Quen somos e por que xurdimos
Quen somos Cociña Ourense é o colectivo de referencia que reúne o talento culinario da provincia co firme propósito de salvagardar, prestixiar e proxectar a nosa cultura enogastronómica. Somos creadores, investigadores e embaixadores da nosa identidade; profesionais que entenden os fogóns coma unha ferramenta cultural viva capaz de transmitir a historia, a paisaxe e a autenticidade de Ourense. Unímonos non para o protagonismo individual, senón para consolidar unha voz única que lidere el relato gastronómico do noso territorio.
Por que xurdimos Para reivindicar a enogastronomía ourensá coma un patrimonio cultural de primeiro nivel e un motor estratéxico de desenvolvemento. Nados co impulso de protexer o noso legado, a nosa misión é dotar de máxima visibilidade á riqueza culinaria da provincia. Para logralo, camiñamos a carón do pequeno produtor e elaborador local para ser o seu altavoz, entendendo que a excelencia dos nosos pratos só existe se visibilizamos a autenticidade, a biodiversidade e o esforzo humano que sostén o noso medio rural.
Atópanos por concello
Os nosos valores
- Vangarda e Preservación Cultural: Entendemos a nosa cociña como unha canle de expresión cultural. Fusionamos a innovación técnica co respecto absoluto polo legado culinario tradicional, garantindo que a cultura enogastronómica de Ourense se proxecte de forma contemporánea, competitiva e con autoridade.
- Divulgación e Visibilidade do Territorio: Asumimos a responsabilidade de ser embaixadores da nosa terra. Deseñamos e participamos en accións estratéxicas que sitúan a riqueza enogastronómica da provincia no mapa nacional e internacional, promovendo o turismo de calidade a través do relato do prato.
- Alianza Altruísta co Orixe (O Pequeno Produtor): Situamos o produto local no centro da nosa proposta como pilar indispensable da nosa identidade. Visibilizamos de forma activa aos pequenos produtores alimentarios de Ourense, outorgándolles o recoñecemento que merecen e dignificando o seu labor como custodios do noso patrimonio.
- Autenticidade e Sostibilidade Real: Defendemos un modelo gastronómico honesto e fiel ás raíces. Baseamos o noso traballo na estacionalidade estrita, a excelencia do produto de proximidade e a preservación da biodiversidade ourensá, asegurando a sustentabilidade do noso ecosistema cultural e produtivo para o futuro.
Quen formamos Cociña Ourense

































