logotipo cociña ourense color oscuro fondo transparente

Acompañámoste no teu proxecto

Contacta con nós

Damos forma aos teus proxectos enogastronómicos

Se estás pensando en organizar un evento, un showcooking, unha consultoría especializada ou calquera tipo de acción estratéxica, estás no lugar axeitado. En Cociña Ourense poñemos o talento, a experiencia e o rigor do noso colectivo ao servizo de iniciativas que busquen poñer en valor o noso patrimonio culinario.

Colaboramos activamente con institucións, empresas e entidades para deseñar experiencias gastronómicas con identidade e impacto real no territorio. Cóntanos que tes en mente e axudámoste a facelo realidade dende a excelencia.

Algúns dos eventos nos que participamos

Participación no Salón Gourmets en colaboración co INORDE para promocionar a gastronomía ourensá, os seus profesionais e os produtos agroalimentarios da provincia ante público especializado e profesional.

Treze Luzes

Unimos a nosa gastronomía a unha gran causa colaborando con Treze Luzes, un evento onde o sabor se enche de solidariedade.

ou yeah cociña ourense

Ou Yeah!

Sabor e ritmo fusiónanse no Ou Yeah: en Cociña Ourense poñemos a nosa gastronomía ao servizo do festival máis vibrante.

cerveza con sorpresa cociña ourense

Campañas

Sumamos creatividade e sabor ao universo cervexeiro realizando diversas campañas publicitarias para Estrella Galicia.

salón gourmets cociña ourense

Salón Gourmets

Levamos o sabor da nosa provincia ao Salón Gourmets de Madrid, impulsando a gastronomía ourensá da man do Inorde.

showcooking xantar ourense cociña ourense

Xantar Ourense

O noso manifesto de respecto polo territorio. Actuamos coma o altavoz desinteresado do pequeno produtor e da riqueza do medio rural.