
Páxina oficial da asociación de cociñeiras e cociñeiros da provincia de Ourense
Unha nova forma de entender e compartir a nosa gastronomía
17 asociados
Dezasete profesionais unidos para liderar o relato enogastronómico de Ourense, convertendo cada restaurante nun escaparate da nosa identidade cultural.
Dende 2019
Máis dun lustro salvagardando o noso legado culinario cunha ollada contemporánea, respectuosa co produto de proximidade e a cultura enogastronómica.
Feito en Ourense
O noso manifesto de respecto polo territorio. Cociñamos en complicidade co pequeno produtor, compartindo e dando voz á riqueza do medio rural.
Atópanos por concello
Eventos e colaboracións
Se estás pensando en organizar un evento, un showcooking, unha consultoría, ou calquera tipo de colaboración, estás no lugar axeitado.
Podes contar con nós para dar forma á túa idea.
Cóntanos que tes en mente e axudámoste a facelo realidade.

Que podería saír mal?
Unha miniserie documental de 15 capítulos, co-producida con Trasgos de Caldelas, onde os seis cociñeiros de Cociña Ourense mudan os fogóns polas botas de traballo. Descobre a orixe da nosa excelencia gastronómica da man dos pequenos produtores que custodian a identidade culinaria da provincia.
Novas
O mel tamén se cociña: Alberto Fernández na Feira dos Produtos Apícolas de Allariz
O cociñeiro de Pallabarro participou na IX Feira dos Produtos Apícolas de Allariz cunha charla-degustación e tres bocados que exploraron o mel na cociña salgada e doce.
Lareira by Cociña Ourense: nove tapas para unha cociña repousada
Nove cociñeiras e cociñeiros interpretaron o concepto de lareira con tapas maridadas con Rivera Reposada, nunha iniciativa repartida por restaurantes da provincia.
Cociña Ourense participa en Estrelas no Camiño con Alberto Fernández
Alberto Fernández representou a Cociña Ourense en Estrelas no Camiño, unha xornada solidaria de encontro e colaboración entre profesionais da gastronomía.
Cociña Ourense repite éxito no festival Oh Yeah! por segundo ano
A asociación gastronómica Cociña Ourense volve encender os fogóns no festival Oh Yeah! Unindo música, patrimonio e o mellor street food local.





















