Cando a excelencia culinaria se atopa cunha das adegas máis premiadas do noso territorio, o resultado só pode ser memorable. Baixo o nome de "Chao Chao Inverno", a asociación Cociña Ourense xunta a la axencia de branding Trasgos de Caldelas desenvolveu unha colaboración enogastronómica moi especial da man de Fraga do Corvo, referente indispensable da D.O. Monterrei.
A iniciativa naceu co propósito de despedir os meses de frío celebrando a cociña de confort. Os chefs da asociación deseñaron unha serie de harmonías culinarias pensadas especificamente para potenciar os matices do mencía de Fraga do Corvo, demostrando a simbiose perfecta que existe entre os viños ourensáns e a cociña de autor que abandera o colectivo.
Este tipo de sinerxías son o reflexo do camiño que queremos seguir trazando. Desde a nosa fundación dende o ano 2019 temos claro que as alianzas estratéxicas con produtores e adegas locais son a clave para facer medrar a nosa gastronomía.



