Lareira by Cociña Ourense reúne nove cociñeiras e cociñeiros arredor dunha idea: converter a lareira nunha tapa. O lume lento, a conversa, o produto e a tradición serviron de punto de partida para crear nove interpretacións diferentes, maridadas con Rivera Reposada.
A campaña foi creada por Trasgos de Caldelas, responsable do concepto creativo, a identidade da acción e as pezas de comunicación. O proxecto pode coñecerse con máis detalle na presentación das campañas de Cociña Ourense.
Nove interpretacións dunha mesma idea
Cada participante levou o concepto ao seu propio estilo de cociña. A proposta compartía unha maneira de entender a gastronomía: elaborar con calma e facer da mesa un espazo de encontro. As tapas poderán degustarse nos restaurantes participantes os días 26, 27 e 28 de xuño e 3, 4 e 5 de xullo.
Os restaurantes participantes
- Emma Pinal — O Birrán, Ribadavia.
- Alberto Fernández — Pallabarro, Allariz.
- Marco Varela — Sábrego, Ribadavia.
- Gabi Conde — Portovello, Ourense.
- Martín Fernández — Bágoa, Ourense.
- José Luis Fernández «Rizos» — Tapa Negra, Ourense.
- Samuel Moreno — O Campanario, Luíntra.
- Luis Romaní — Fróuma, O Pereiro de Aguiar.
- Begoña Vázquez — Regueiro da Cova, Castrelo do Val.
Con esta iniciativa, Cociña Ourense conecta propostas de distintos puntos da provincia baixo un mesmo concepto, mantendo a identidade de cada restaurante. Nove tapas e nove miradas para compartir unha cociña repousada.



