Cociña Ourense repite éxito no festival Oh Yeah! por segundo ano

Xuñ 8, 2026

Por segundo ano consecutivo, os chefs de Cociña Ourense demostraron que a gastronomía de alta liña tamén se goza na rúa. A asociación volveu ser un dos piares fundamentais do Festival Oh Yeah!, a cita que fusiona música, patrimonio e tendencias urbanas na nosa cidade.

Cun formato de street food adaptado para a ocasión, diferentes cociñeiros e cociñeiras asociados uniron os seus estilos para ofrecer ao público bocados directos, potentes e elaborados con materia prima de proximidade. O obxectivo desta participación vai máis alá do puramente culinario: trátase de democratizar a excelencia gastronómica e conectar co público máis novo.

A versatilidade do colectivo volve quedar clara, demostrando que igual que deseñan propostas informais para festivais urbanos, están preparados para coordinar grandes eventos e colaboracións institucionais ou citas de carácter solidario na provincia.

Tamén che pode interesar