Gabriel Conde Corbal
Restaurante PortoVello Auria
Restaurante PortoVello Auria
Son propietario e chef do Restaurante Portovello.
Autodidacta, esixente, investigador incansable, innovador mais “cos pés na terra”.
A familia e o baloncesto, que practico sempre que podo, ocupan o meu tempo libre.
Portovello é unha tapería céntrica de cociña tradicional, con pratos de autor, produto de tempada e con moita cercanía.
Os meus dogmas son: traballo, sacrificio, Ourense, sabor.
O aceite de oliva e o amor no traballo son o meu ingrediente e a miña ferramenta.
Apaixóname o casco histórico de Ourense.