Gabriel Conde Corbal
Restaurante PortoVello Auria
Restaurante PortoVello Auria

Son propietario e chef do Restaurante Portovello.

Autodidacta, esixente, investigador incansable, innovador mais “cos pés na terra”.

A familia e o baloncesto, que practico sempre que podo, ocupan o meu tempo libre.

Portovello é unha tapería céntrica de cociña tradicional, con pratos de autor, produto de tempada e con moita cercanía.

Os meus dogmas son: traballo, sacrificio, Ourense, sabor.

O aceite de oliva e o amor no traballo son o meu ingrediente e a miña ferramenta.

Apaixóname o casco histórico de Ourense.