Martín Sousa Rodríguez
Pastelería Milhojas
Pastelería Milhojas

Rexento a confeitaría Milhojas, negocio familiar do que son a cuarta xeración.

Desfrutar da miña familia e o baloncesto son as miñas aficións, a cociña é a miña paixón.

Innovador tanto no tocante aos sabores como nas técnicas a empregar. Respectuoso coas tradicións.

En Confitería Milhojas intentamos elaborar variedade de produtos para que a xente teña onde escoller entre a tradición que nos avala e a vangarda.

Inspiranme a castaña, Ourense, o sabor, a tradición, a sorpresa, a pasión, Praza de San Martiño…